OUTROS

A campaña de Nadal de TEMPOS NOVOS prorrógase até o próximo 7 de xaneiro

Como cada ano, ofrecemos a posibilidade de agasallar  subscricións a TEMPOS NOVOS.

A campaña esténdese até despois de Reis.

Ás veces é difícil facer agasallos. Cando esgotamos as posibilidades materiais botamos man das experiencias, pero hai unha terceira vía que normalmente non contemplamos: agasallar cultura. Cultura da información, da opinión e do debate. Cultura da lectura en papel, do deseño e da boa fotografía, dos textos e entrevistas feitos con dedicación e agarimo.

Tempos Novos ofrece esa posibilidade este Nadal cunha subscrición para terceiros. Só hai que enviar os datos que se piden no impreso á dirección subscricions@temposnovos.net e a persoa agasallada recibirá durante o 2018 a revista cada mes na dirección que se indique. Trátase de ampliar a familia pero sen esquecernos da fidelidade e o agarimo dos que xa están con nós. Por iso, se quen fai o agasallo é subscritor, verase á súa vez agasallado cun 15% de desconto na súa propia renovación.

O papel de Tempos

Nun tempo complexo, no que a información diaria se move a unha velocidade ás veces difícil de asimilar e por uns intereses que a miúdo determinan as mensaxes, Tempos Novos mantén o seu compromiso dos últimos vinte anos de traballar con rigorosidade e agarimo a información, sexa cal sexa o seu perfil. Por iso falamos de política, de economía, de sociedade, de arte e cultura, e o facemos con colaboradores de diferentes xeracións e perfís e incuestionable calidade profesional. Elas e eles son os que fan que a revista sexa un referente da boa información. Esa que leva tempo elaborar e tamén tempo ler, pero que fai a xornalistas e lectores parte consciente dunha sociedade necesitada máis que nunca de coñecemento libre.

Con esa vocación e vontade Tempos Novos chega cada mes aos principais quioscos e librerías de Galicia e ás caixas do correo dos seus subscritores, ademais de cada vez a máis persoas a través das contas de Revista Tempos Novos no Facebook e en Twitter. A todas elas, tanto as que nos len ou lerán en papel como as que nos seguen nas redes, e a todas as que, de maneira directa ou indirecta fan posible a nosa revista, queremos desexarlles un feliz 2018.

Desacarga aquí o boletín TN_BOLETÍN_AGASALLOS

 

 

 

 

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011