Tempos Dixital | AVISO IMPORTANTE

ENTREVISTA JAVIER PÉREZ ROYO

Cataluña, no epicentro da entrevista. A cuestión catalá, a estas alturas, xa é moi difícil que se poida resolver sen a convocatoria dun referendo, conclúe o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, Javier Pérez Royo, quen culpa o Goberno español de querer o nacionalismo, como Franco ao Exército da República, “cativo e desarmado”. Na entrevista que lle concedeu a Tempos Novos, afirma así mesmo que o delito de rebelión que se lles imputa aos membros do Govern é imaxinario, e que o PSOE fixo unha metedura de pata brutal aceptando sen garantías a aplicación do 155 da Constitución. É moi duro contra Llarena, o maxistrado instrutor, en cuxos autos denegatorios de liberdade, ou de autorización para que o activista Jordi Sánchez puidese ser investido novo President da Generalitat, ve unha carencia absoluta de fundamentos legais. Xustificando en razón diso a querela presentada polo Parlament contra ese xuíz do Supremo.

Ler máis

O verdadeiro reto

Un feixe de grandes corporacións controlan as canles de televisión, os medios de comunicación, as estacións de radio, os motores de busca e as plataformas de redes sociais. Isto deulles ás persoas e organizacións ricas un grande poder político e económico, e permitiulles distorsionar o panorama dos medios para adaptalo aos seus intereses e puntos de vista persoais. Desta maneira xustificaba a coordinadora de grupos de cidadáns Media Reform Coalition a súa campaña a prol da regulación dos medios de comunicación en Gran Bretaña. Nunca tal se deu en España. Porque estamos mellor? En absoluto. Pero é algo que se lle escapa a unha grande parte da sociedade...

Ler máis

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS NOVOS ofrece este mes de xullo un amplo informe sobre a situación da Xustiza en España. Con el abre un número que tamén nos ofrece unha análise sobre a herdanza de Rajoy e outra sobre a situación do PP trala renuncia de Núñez Feijoo a participar nas primarias do seu partido. Ademais, TN fala co filósofo Josep Ramoneda, a directora de fotografía Lucía Catoira e a poeta Lupe Gómez. Isto, e moito máis, é o que trae a revista para ler e reflexionar no seu número 254.

Ler máis

De poesía e robótica

Poden as máquinas intelixentes substituír no futuro a humanidade? Debe a humanidade delegar as decisións que requiren complexidade na intelixencia artificial? Hai quen di que estas dúas preguntas xa están sendo contestadas de modo afirmativo polo desenvolvemento tecnolóxico. Hai quen advirte do perigo de conformármonos con ese futuro poshumano ou transhumano. Velaquí a reflexión de Antom Labranha recollida na sección ARGUMENTA do número 253 de TEMPOS NOVOS: De poesía e robótica.

Ler máis

Carlos Lixó gaña o Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores do Concello de Carballo

O xurado da décimo cuarta edición do premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse o pasado 15 de maio para decidir o artigo gañador do certame, ao que se presentaron 53 traballos, e decidiu outorgarlle esta distinción ao artigo Alpabardas verdes, do autor ribeirense Carlos Lixó Gómez . O premio consta de 1.250 euros e a publicación do artigo no Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos .

Segundo indicou o xurado na acta, valorouse a «calidade narrativa e lingüística» de Alpabardas Verdes, así como a súa «capacidade de incidencia no público» e «o ben que liga o particular co tema xeral que quere transmitir…»

Ler máis

Convocado o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Co obxectivo de honrar a figura do seu ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística en galego, o Concello de Fornelos de Montes vén de convocar a II edición do PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY.
Poderán concorrer ao certame autores que presenten artigos inéditos escritos en galego. Deberán estar redactados nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social e deberán ter unha extensión de entre 2.500 e 3.000 caracteres.
O veredicto será dado a coñecer na segunda quincena de setembro de 2018. O prazo de presentación remata o día 30 de xuño de 2018.

Ler máis

Entrevista: María Xosé Queizán

Se fose preciso argumentar que hai unha discriminación patente contra as mulleres, chegaría con percorrer a biografía dunha das máis grandes que ten dado Galiza, María Xosé Queizán: novelista, ensaísta, profesora, lingüista, poeta, dramaturga, articulista, actriz, editora, conferenciante… A súa obra publicada é inxente.
Este é un extracto da entrevista publicada no número 250, de marzo do 2018, da revista TEMPOS NOVOS.

Ler máis

TODOS OS GRUPOS DA CÁMARA APOIAN OS MEDIOS EN GALEGO

Todos os grupos políticos da Cámara galega apoiaron este mércores a importancia que teñen hoxe en día os medios en galego polo seu compromiso «coa realidade e orgullo polo propio» iniciado no Rexurdimento. Foi grazas a unha declaración institución a favor da celebración do 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída á rúa do primeiro número de O Tío Marcos d’a Portela, hai 142 anos en Ourense.

Ler máis

O verdadeiro reto

Un feixe de grandes corporacións controlan as canles de televisión, os medios de comunicación, as estacións de radio, os motores de busca e as plataformas de redes sociais…

Ler máis

Xustiza, non vinganza

A pregunta que se fai en voz alta Joan J. Queralt, un dos penalistas máis prestixiados, pon os pelos de punta: Deixouse o problema da relación Catalunya/España…

Ler máis

Estratexia reaccionaria

A condena do rapeiro Valtonyc, o mesmo que os procesos seguidos con anterioridade contra os tamén músicos Pablo Hesel e La Insurgencia, contra os titiriteiros…

Ler máis

A fábula do lobo

As dereitas poñen o berro nos escenarios televisivos: tal como se puxeron as cousas, no 2030 será imposible que o Estado poida seguir pagando as pensións….

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011