OUTROS

SUMARIO Nº 201

Xa está na rúa un novo número da revista TEMPOS NOVOS.

Neste número publicamos un amplo informe sobre desenvolvemento rural. Fronte á inminente reforma da Política Agraria Común, Galicia non ten unha estratexia coa que revalidar a súa condición de país rural. Tampouco a houbo no pasado recente. Os sucesivos gobernos do PP partidizaron a distribución dos cartos recibidos durante anos creando unha política de dilapidación dos seus efectos sociais e económicos. Demiostrámolo no noso Informe do número de febreiro. Para que non se volva repetir. Un traballo realizado de Antón Fernández Oca,  Xacobo F. Lamas e Manoel Barbeitos.

Luís Villamor entrevista a Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Reflexiona sobre a Guerra Civil como laboratorio de ensaio para a segunda guerra mundial e como inicio do ciclo de matanzas europeas do século XX. Por outra banda, danos a súa opinión sobre a situación actual do nacionalismo galego.

Marcos Lorenzo e Xaime Subiela entrecruzan as súas lecturas respectivas a través dunha conversa. Dous libros disímiles pero estrañamente afíns e complementarios recentemente publicados e dos que son autores: Karlotti, un poema crónico e Para que nos serve Galiza?

E as nosas seccións habituais: Días Soltos (Bieito Iglesias), Noticias de Ningures (Manuel M. Barreiro), Bengalas Canadenses (Manuel O´Rivas)…

Manuel Rivas, Manolo M. Barreiro, Luís Villamor, Fermín Bouza, Justo Beramendi, Gonzalo Rodríguez, Alba Nogueira, Antón Baamonde, Antón Fernández Oca, Xavier Vence, Millán Fernández, Miguel Vázquez Freire, Xulio Ríos, Darío Janeiro, Leo F. Campos, Sara Torreiro, Cibrán Tenreiro, Xaquín Marín, Abraham Carreiro… as mellores firmas colaboran en TEMPOS NOVOS.

 

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011