Arquivo sobre: XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores

INCHAZÓN

O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores decidiu concederlle o premio ao artigo titulado «Inchazón», de Iria Veiga Ramos, valorando «a súa sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público a través dun texto con estrutura circular que pon de relevo a relación entre lingua e poder social. A través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos. Desde o xurado considérase que o artigo pode incidir positivamente no prestixio social do idioma, nomeadamente na sanidade, mais tamén, en xeral, en todos os ámbitos e sectores de prestixio».

Iria Veiga Ramos é veciña de Santiago de Compostela e é médica psiquiatra no Hospital do Barbanza. Está interesada especialmente na divulgación científica e tamén a lingua, mantén o blog O outro lado do espello (www.espello.gal) e participa en iniciativas divulgadoras como Escépticos no Pub e Pint of Science.

Reproducimos de seguido o artigo gañador.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011