Arquivo sobre: Unión Europea

O patrimonio común galego-portugués

O pasado 18 de outubro fixo 10 anos que un grupo de profesores e profesoras entregaba na sede da Unesco en Paris unha candidatura do patrimonio común galego- portugués. A primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea, e avalada por dous Estados. Pero detrás desta entrega houbo un intenso traballo conducido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!
Un patrimonio para o futuro

Os tempos son chegados para emprender unha nova campaña pola inscrición do patrimonio común galego-portugués na Lista Representativa da Unesco. Unha iniciativa que procura o compromiso e a decisión firme de apoiar e empuxar ás institucións neste necesario proceso. As administracións deben sentir o alento e a demanda da sociedade civil, das persoas “portadoras” deste patrimonio.

Ler máis

Francia e Alemaña, cómplices da corrupción helena

O vindeiro 23 de abril cumpriranse dous anos da petición de rescate de Grecia á Unión Europea ante a imposibilidade de asumir a súa débeda pública. Unhas semanas despois, o 6 de maio, celebraranse eleccións anticipadas. Sen dúbida, é o momento de que os cidadáns helenos fagan exame de conciencia para non volver a cometer os erros do pasado. Read more

Ler máis

O Parlamento Europeo aposta por aumentar a representación feminina nos consellos directivos

Como todos os anos, o mes de marzo foi un mes especial para a muller. O día 8, as mulleres traballadoras, a maioría dun xeito ou outro, recibimos o noso recoñecemento anual. Pero nesta ocasión, a distinción trascendeu o carácter simbólico para acoller unha demanda institucional. O Parlamento Europeo vén de aprobar dous informes para establecer un sistema de cuotas e fomentar a paridade home-muller nos consellos de administración das grandes empresas e na vida política. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011