Arquivo sobre: Trump

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Consulta aquí o sumario do último número. Este mes publicamos unha interesante entrevista a Martin Baron, director de The Washington Post ,pronunciándose a prol do xornalismo de investigación, grazas ao cal foi posible que o Boston Globe, diario do que el era daquela o seu director, desafiara aos poderes establecidos poñendo ao descuberto o ocultamento de numerosos curas pederastas na arquidiócese de Boston, tal e como se reescribe no guión e nas imaxes da película «Spotlight», que vén de ser premiada co Óscar.
Por suposto, as nosas seccións fixas: as de Bieito Iglesias -Días soltos-, Antón Baamonde -O cfé na trincheira-,Iolanda Zúñiga -Vidas Whatsapp-, Daniel Álvarez -E digo eu…-, e Anxos Sumai -Felinas-. Co humor gráfico de Xaquín Marín, Nacho Hortas, Pepe Carreiro, Lola e Abraham Carreiro -Guau guau-. A entrega mensual de Xurxo Borrazás completa a entrega plural de textos de autor.
Moitos máis contidos no número de marzo de TEMPOS NOVOS. En quioscos e librarías.

Ler máis

As sete propostas de Donald Trump que explican a súa victoria

O éxito de Donald Trump (como o ‘Brexit’ no Reino Unido, ou a vitoria do ‘non’ en Colombia) significa primeiro unha nova estrepitosa derrota dos grandes medios dominantes, dos institutos de sondaxe e das enquisas de opinión. Pero significa tamén que toda a arquitectura mundial, establecida ao final da Segunda Guerra Mundial, vese agora trastornada e derrúbase. Os naipes da xeopolítica van barallar de novo. Outra partida empeza. Entramos nunha era nova cuxo trazo determinante é o ‘descoñecido’. Agora todo pode ocorrer.

Un artigo de Ignacio Ramonet

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011