Arquivo sobre: trending topic

Das redes sociais como taberna global

Miguel Vázquez Freire

Dous sucesos de moi diferente índole prenderon lume nas redes sociais provocando un debate que, por outra banda, non é novo: debe restrinxirse a liberdade de expresión nas redes? E, ao fío deste interrogante xeral, estoutros complementarios: precísase unha adaptación das leis aos novos usos comunicativos ou abonda con aplicar as preexistentes, concibidas para os medios tradicionais?, chega con promover o uso responsable entre os usuarios das redes sociais ou pode estar xustificado algún tipo de de censura ou castigo penal para o mal uso?
Os feitos son xa ben coñecidos. O 12 de maio morría, tiroteada en plena rúa, Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León e da organización provincial do PP. Sete días despois, o Real Madrid de baloncesto perdía fronte ao Maccabi de Tel Aviv a final da copa de Europa. Despois destes sucesos, decenas de mensaxes (que replicados na rede acadaron a cifra de centos, posiblemente miles) circularon, sobre todo en twiter, con contidos insultantes, altamente agresivos e, no segundo caso, xenófobos e antisemitas, que non paga a pena reproducir. Tras deles chegaron as reaccións: no primeiro caso, as dos políticos afíns á vítima do crime, en xeral secundados polos dos outros grupos representados no arco parlamentario, reclamando castigos exemplares, reclamación que cedo atopou eco no propio goberno, con declaracións do ministro de Interior prometendo estudar medidas; no segundo, as das organizacións xudías españolas, que presentaron formalmente…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011