Tempos Dixital | Terbutalina

Arquivo sobre: Terbutalina

Terbutalina: «A música hai que comela, vomitala e volver comela»

Terbutalina están en todas partes. Parece que case en cada festa que se arma no país aparecen eles, a maioría das veces enriba do escenario. Ultimamente teñen andado por Cee, Lira, Pontevedra ou as Festas do Barrio de San Pedro en Compostela, no que chaman Xira Funeraria. Coa intención de descubrir que é o que espertou esta febre, falamos con Samuel L. París (ou Samu Terbutalino), baixista. “Galicia é un país fácil de enganar. Temos a todo o mundo enganado. O segredo de ir tendo tantas datas é sinxelo: MENTIR.” Read more

Ler máis

Pero entón, que é o Galician Bizarre?

A quen ande atento sonarálle o termo. Ó mellor, se é suficientemente moderno, ata leu algo na Rockdelux. Pero claro, se dis que tal grupo é do Galician Bizarre, que estás dicindo? Porque non é unha escena, nin tampouco un estilo. “Non é máis que un movemento musical nun lugar concreto do mundo, nunha época determinada”, di Rafa Anido(Metralletas LecherasSr. Anido), un dos iniciadores do proxecto.“A idea foi xurdindo paseniñamente durante aproximadamente dous anos. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011