Arquivo sobre: Tempos Novos

A campaña de Nadal de TEMPOS NOVOS prorrógase até o próximo 7 de xaneiro

Ás veces é difícil facer agasallos. Cando esgotamos as posibilidades materiais botamos man das experiencias, pero hai unha terceira vía que normalmente non contemplamos: agasallar cultura. Cultura da información, da opinión e do debate. Cultura da lectura en papel, do deseño e da boa fotografía, dos textos e entrevistas feitos con dedicación e agarimo.
Como cada ano nestas datas, Tempos Novos ofrece esa posibilidade coa súa campaña de agasallo de subscricións, nesta ocasión con vantaxes tamén para os subscritores que adquiran subscricións para agasallar a familiares e amigos.
Neste artigo podes descargar o boletín de subscrición especialmente pensado para esta campaña, que remata en Reis.
E lembra que podes seguirnos en Facebook e Twitter.

Ler máis

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Comezamos o 2018 cunha profunda análise sobre as avantaxes e riscos do big data, unha realidade na que vivimos inmersos, ás veces de xeito inconsciente, e que por unha banda nos facilita a vida ao tempo que, por outra, nos obriga a participar dun negocio global de xeito particular. Sobre o papel da tecnoloxía, e o seu impacto na sociedade, falamos tamén co catedrático de Ciencias da Información da Universidade París VIII Armand Mattelart, nunha extensa entrevista.

Neste número falamos da recente ruptura do statu quo de Xerusalén nunha ollada á actualidade internacional, pero tamén de cultura, concretamente dos corenta anos do Museo do Pobo Galego e da afouteza (palabra galega do ano pasado) dos que fixeron e fan posible a súa vixencia e valor para o conxunto da cidadanía. Sen esquecer os libros do noso xa clásico Protexta e moitos máis contidos relacionados coa política, o pensamento, a cultura e a arte para que neste mes de xaneiro non falten nin a información, nin a opinión nin o debate.

Ler máis

Furia destrutiva e desidia política

Un mes despois dos lumes que arrasaron Galicia facémonos varias preguntas co obxectivo de acadar respostas. Ollamos cara o veciño Portugal, que vén de sufrir tráxicos incendios, da man do experto Edelmiro López Iglesias e a análise de Xabobe Feijoo Lamas, responsable de desenvolvemento rural do sindicato Unións Agrarias. Pero tamén indagamos noutras políticas forestais, como a vasca, coa axuda de Carlos Uriagereka, xefe do Servizo de Montes na Deputación foral de Bizkaia. Unha análise de varias páxinas para entender as circunstancias do que aquí ocorreu e albiscar se cadra as solucións aos que foron algúns dos días máis negros de Galicia. Podédela atopar no número de Tempos Novos deste mes de novembro, que xa está nos quioscos.

Ler máis

II Festival Agrogay da Ulloa

Unha sociedade que coopera, un rural que soltou lastre. Unha comunidade civil que lle deu volta aos prexuízos para celebrar o que antes se besbellaba. O Festival Agrogay fixo segunda edición entre vacas mozartianas, armarios sen fondo e unha proposta que hai trinta anos semellaba impensable: unha vida contemporánea para o rural galego que nin renuncia nin obriga. A vangarda retornada ao lugar ao que pertenceu. O rural. A diversidade e a tradición déronse a man na carballeira da Granxa Maruxa.

Ler máis

200 NÚMEROS MARCANDO A DIFERENZA

A aventura editorial de Tempos Novos está a piques de cumprir 17 anos de vida….

Ler máis

Tempos Novos dalle un repaso ao goberno Feijóo

Este mes, a revista Tempos Novos dedica un amplo dossier a facer repaso do goberno Feijóo, baixo o título «O gobernante chega espido». Unhas 50 páxinas, divididas en tres seccións sobre a Calidade Democrática e o Autogoberno, a Deconstrución e A Economía e o Mercado Laboral, dan conta da chegada de Feijóo «con fama de bo xestor» e con promesas de rexeneración democrática e que acabaron cun suspenso rotundo dun goberno que contribuíu ao deterioro da economía, o benestar, a sanidade e a cultura. Read more

Ler máis

Xa na rúa o número de novembro de Tempos Novos

Xa podedes atopar nos vosos quioscos (e os suscriptores recibiredes en breve nas vosas casas) o número de novembro de Tempos Novos, que analisa a fondo o saqueo do sistema financieiro galego, no dossier «Expolio e traizón». Contará con textos de Xavier Vence, Lara Graña, Ramón Yáñez, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ramón Fernández Braxe.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011