Arquivo sobre: TEMPOS NOVOS 252

ENTREVISTA JAVIER PÉREZ ROYO

Cataluña, no epicentro da entrevista. A cuestión catalá, a estas alturas, xa é moi difícil que se poida resolver sen a convocatoria dun referendo, conclúe o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, Javier Pérez Royo, quen culpa o Goberno español de querer o nacionalismo, como Franco ao Exército da República, “cativo e desarmado”. Na entrevista que lle concedeu a Tempos Novos, afirma así mesmo que o delito de rebelión que se lles imputa aos membros do Govern é imaxinario, e que o PSOE fixo unha metedura de pata brutal aceptando sen garantías a aplicación do 155 da Constitución. É moi duro contra Llarena, o maxistrado instrutor, en cuxos autos denegatorios de liberdade, ou de autorización para que o activista Jordi Sánchez puidese ser investido novo President da Generalitat, ve unha carencia absoluta de fundamentos legais. Xustificando en razón diso a querela presentada polo Parlament contra ese xuíz do Supremo.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011