Arquivo sobre: Tempo de Contos

Ábrese o prazo de votación de Tempo de Contos 2012

Durante 2012, Tempos Dixital albergou “Tempo de Contos”, un espazo de creación literario online no que se publicaron dez textos literarios de autores galegos. Agora ábrese o prazo para que os lectores e lectoras voten polo relato ou poema que queiran ver publicado na revista Tempos Novos. Para iso, só teñen que participar na enquisa da páxina de facebook de Tempos Dixital que estará activa ata finais de febreiro. Read more

Ler máis

Tempo de contos: «O rapás que veu d’aló»

Asomada á fiestra podo ver as estrelas. Todas as noites, un anaco despois de vir a mamai a darme un bico, abro moi devagariño a ventá do meu cuarto, a estansia da fidalghiña, como a chama a miña querida ama Aida. Nada máis abrir, coma sempre, abráiome co bafo frío da noite, o arrecendo das froiteiras, as flores e, por suposto, as estrelas. Porque as estrelas olen marabillosamente; entre os centos, milleiros de escintilantes farois que me sorrín podo distinguir, de xeito preciso, o olor suave de cada unha delas. Read more

Ler máis

Tempo de contos: «Tuerka 27″

Levaban oito meses chateando a través dunha desas páxinas de contactos e por fin ía coñecer a Elisa. Quedaron na Tuerka 27, segundo dixo un sitio moi especial. Recoñeceríaa porque levaría con ela unha novela de Philip Roth, La humillación. El nunca lera nada deste autor aínda que oíra falar del e tamén sabía que Elisa era unha lectora empedernida. No seu caso a lectura nunca fora un dos seus fortes, diso encargárase o seu pai ao facerlle ler dende pequeno dúas horas todos os días, agora cos anos sabía que os praceres non poden impoñerse. Read more

Ler máis

Tempo de contos: «Fragrancia de idea, soneto entumecido»

Os ollares, vivos, fecundan horizontes

translúcidos, escuros e con nimbos.

O Sol escóndese na lucidez que camiña,

ilustrando a divisoria inerte e tenra.

 

Utopía agachada, no fermoso limbo escapas

e divagas, insinuante nas ideas a cotío.

Utopía camiñante, cárceres que percorres.

E el divisa o ceo en fusión coa terra. Read more

Ler máis

Tempo de Contos: «Redención»

Sempre pensamos que somos mellores persoas, que son os demais os que teñen eses defectos apocalípticos. Pero o certo é que todo o mundo estivo máis dunha semana sen tirar o lixo.

Por iso seguías a pensar en se o que facías era o correcto. Malia que sabías que non, o feito de que meditaras sobre os teus actos non o facía mellor. Mais que é o correcto? Non, intentar xustificalo non ía funcionar xa que sempre é moi difícil aceptar que non es tan boa persoa como crían teus país que ías ser. Read more

Ler máis

Tempo de Contos: «Pronóstico (des)atinado»

O xornal da mañá anunciara un marcado descenso das temperaturas cara a última hora da tarde. Agora, ao saír da boca do metro puido sentir un frío xélido a baterlle na cara e involuntariamente, encolleu o seu colo sobre os ombreiros, para abrigalo aínda máis coa bufanda de la que o cubría. Maldito inverno; este ano chegara temperán e con présa despois dun verán máis ben ausente e semellaba facer aparición recio de máis. Read more

Ler máis

Tempo de contos: «Pentecostés. Veni, Sancte Spiritus»

Eu sabía, tiña a certeza absoluta de que na poesía de Ana Romaní nada era casual. A última vez que me caguei na tos en público, crin ser o amo do mundo. Fora nun bar cheo de xente, persoas que estaban aló por un motivo que nada tiña que ver coa miña presenza. Cando me quixen decatar, era xa o centro de atención. Observábanme en espera, como se quixeran que continuase cun espectáculo que non existía, que en realidade non fora máis que un pensamento deitado en alto. Read more

Ler máis

Tempo de Contos: «Fouces violáceas»

A madeira é madeira,

os polímeros son polímeros,

o vidro é vidro,

eu son muller.

Nacín cunha bagaxe de expectativas

postas en min contra a miña vontade:

nai, ama de casa,

heterosexual por defecto. Read more

Ler máis

Tempo de Contos: «Choiva en charcos»

- Onte caeu unha boa!

- Como o sabe?

- Ve aqueles charcos de alí? Están rebordantes de auga.

- Pero, está chovendo hoxe. Como sabe que tamén onte?

- Ten razón, intentaba enganalo. A verdade, non o sei.

- O que non sabe?

- Nada. Read more

Ler máis

Tempo de contos, espazo online de creación literaria

Tempos Dixital abre TEMPO DE CONTOS, un espazo online aberto á creación literaria onde escritores e escritoras en lingua galega teñen a oportunidade de dar a coñecer as súas obras. Cada semana publicarase un relato, conto ou poema en Tempo de Contos xunto cun breve perfil biográfico do autor ou autora. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011