Arquivo sobre: rock

Rolling Stones. 50 anos en 15 temas

Para falar de música non se pode pretender a obxectividade, pero si a honestidade. Respectar as emocións que nos provoca e tentar facerlles xustiza contándollas ós demais. E para falar de emocións, o mellor e remitirse ás cancións que as crean en primeira instancia. Isto non é unha lista dos 15 mellores temas, nin un repaso cronolóxico. Son cancións que serven ó mesmo tempo para provocar temas e para ilustrar a historia da banda de rock máis importante de sempre. Escoitade e lede.

Ler máis

Telephones Rouges e o que vos estades perdendo

Empeza a ser preocupante. O outro día, no concerto dos Telephones Rouges e Ocler Delalün, eramos catro gatos. Se fose un concerto mediocre, aburrido, lento ou sen intensidade non habería problema. Sería perfectamente respectable quedar na casa. Pero é que foi xusto ó contrario. Outro concerto brillante e vibrante tocado para os mesmos de sempre. Onde estabades?

Ler máis

A enerxía dos Right Ons

Todas as veces que vin en directo ós Right Ons sorprendinme facendo o mesmo. Bailar, como por espasmos. Como se fora algo inevitable. Berrando todas esas frases comodín que tanto prestan. Come on! All right! Right on! Esquecendo o ridículo, participando dunha euforia rítmica, colectiva e incontible, e pensando que o rock and roll debería ser sempre así. Algo que te colle e te leva. Read more

Ler máis

Superheroes con moral

“Sea tan amable, y diga que le debo”. Con esta simbólica frase comezaba Siniestro Total o seu concerto de 30 aniversario en La Iguana. Cumprían 30 anos, pero tocaban por primeira vez nunha das salas máis míticas da noite viguesa.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011