Arquivo sobre: rescate

Rescue me!

Francisco Martínez Hidalgo

A loita contra a palabra “rescate” leva varios días mobilizando á dereita española. Ninguén a quere pronunciar. Ninguén a quere escribir. Ninguén a quere recoñecer. Para substituíla téñense dito numerosos eufemismos: “apoio europeo”, “préstamo solidario”, “axuda comunitaria”… Algún xornalista de medios que si a escriben, con grandes titulares, ten padecido estes días pasados algún xesto maledicente por parte de Luís de Guindos e de Mariano Rajoy. Todo vale para que pareza que non, que este caso non é como os demais. O choteo en Twitter acadou o seu grao máximo co hashtag #EspañanoesUganda… aínda que ás veces poda parecelo. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011