Arquivo sobre: referendo

SUMARIO TEMPOS NOVOS

No noso número de novembro seguimos co análise da realidade catalana e española da man de Manuel M. Barreiro, Justo Beramendi e Luís Álvarez Pousa, sen descoidar outras realidades, como a dos incendios en Galicia, a través do contraste entre as políticas que se desenvolven no noso país (de extinción) e Euskadi (de prevención) e a entrevista ao profesor da USC Edelmiro Lopez Iglesias, integrante da comisión que elaborou o informe sobre os lumes para a Asamblea da República portuguesa.
Falamos tamén das luces e sombras da economía alemá e dos cen anos da Revolución de Outubro; Pilar García Negro reflexiona con nós sobre idioma e política mentras que Víctor Sampedro, María Yañéz e Fernando Blanco xogan ao noso Tres en Raia, nesta ocasión dedicado a liberdade de expresión nas Redes.
E, por suposto, os noso habituais do Todo é Peixe e as seccións de Cultura (pendentes, entre outras cousas, do MARCO de Vigo) e a literaria Protexta.

Ler máis

CATALUNYA, UN MES DE SUSPENSE

Xa non hai volta atrás. O proceso de desconexión de Catalunya avanza cara o 1 de outubro e o goberno de Madrid vixía por terra, mar e aire os movementos do independentismo para abortalo. Rotas todas as pontes entre a Generalitat e a Moncloa, nada pode evitar o choque de comboios. Cantos saian á rúa para darlle valor reivindicativo á Diada do vindeiro 11 de setembro, farano dispoñendo desde a víspera dunha lei de transitoriedade coa que canalizar a nova legalidade republicana no momento do desamarre, e coa convocatoria unilateral dun referéndum -»Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?»- publicada no Diari Oficial da Generalitat. A estas alturas, é difícil predecir en que vai dar ese tour de force entre, por unha banda, quen tenta exercer o chamado dereito a decidir e quen, pola outra, tenta impedilo cunha combinación de ameazas, tribunais e forza policial. Moito menos doado é predecir a folla de ruta do día despois no probable caso de que, pese a todo, a cidadanía poidera finalmente depositar o seu voto nas urnas. Non houbo nestes últimos 40 anos ningún outro momento que revestise tanta tensión política.
(Avance do Informe publicado en TEMPOS NOVOS 244 de setembro de 2017)

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011