Arquivo sobre: redes sociais

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Comezamos o 2018 cunha profunda análise sobre as avantaxes e riscos do big data, unha realidade na que vivimos inmersos, ás veces de xeito inconsciente, e que por unha banda nos facilita a vida ao tempo que, por outra, nos obriga a participar dun negocio global de xeito particular. Sobre o papel da tecnoloxía, e o seu impacto na sociedade, falamos tamén co catedrático de Ciencias da Información da Universidade París VIII Armand Mattelart, nunha extensa entrevista.

Neste número falamos da recente ruptura do statu quo de Xerusalén nunha ollada á actualidade internacional, pero tamén de cultura, concretamente dos corenta anos do Museo do Pobo Galego e da afouteza (palabra galega do ano pasado) dos que fixeron e fan posible a súa vixencia e valor para o conxunto da cidadanía. Sen esquecer os libros do noso xa clásico Protexta e moitos máis contidos relacionados coa política, o pensamento, a cultura e a arte para que neste mes de xaneiro non falten nin a información, nin a opinión nin o debate.

Ler máis

Internet, entre a esperanza e a fraude

Ninguén cuestiona xa a dispoñibilidade de Internet para fomentar espazos de…

Ler máis

Das redes sociais como taberna global

Miguel Vázquez Freire

Dous sucesos de moi diferente índole prenderon lume nas redes sociais provocando un debate que, por outra banda, non é novo: debe restrinxirse a liberdade de expresión nas redes? E, ao fío deste interrogante xeral, estoutros complementarios: precísase unha adaptación das leis aos novos usos comunicativos ou abonda con aplicar as preexistentes, concibidas para os medios tradicionais?, chega con promover o uso responsable entre os usuarios das redes sociais ou pode estar xustificado algún tipo de de censura ou castigo penal para o mal uso?
Os feitos son xa ben coñecidos. O 12 de maio morría, tiroteada en plena rúa, Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León e da organización provincial do PP. Sete días despois, o Real Madrid de baloncesto perdía fronte ao Maccabi de Tel Aviv a final da copa de Europa. Despois destes sucesos, decenas de mensaxes (que replicados na rede acadaron a cifra de centos, posiblemente miles) circularon, sobre todo en twiter, con contidos insultantes, altamente agresivos e, no segundo caso, xenófobos e antisemitas, que non paga a pena reproducir. Tras deles chegaron as reaccións: no primeiro caso, as dos políticos afíns á vítima do crime, en xeral secundados polos dos outros grupos representados no arco parlamentario, reclamando castigos exemplares, reclamación que cedo atopou eco no propio goberno, con declaracións do ministro de Interior prometendo estudar medidas; no segundo, as das organizacións xudías españolas, que presentaron formalmente…

Ler máis

Arturo Casas: “Co blog volvín experimentar esa sensación vergoñenta do pracer da escrita”

A escusa para esta conversa co autor do blog Lándoas é a publicación de Alusión (Galaxia, 2011) pero os temas son transversais e lévannos desde o autoral ao político, do concepto de comunidade até a preocupación polo mantemento das liberdades na sociedade galega.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011