Feijoo non ten ofertas
De aquí ao 21 de Outubro asistiremos a unha confrontación argumental que presenta varias certidumes e algunha incógnita. Sabemos que o PP de Alberto Núñez Feijoo vai concentrar todo o seu arsenal mediático na descualificación da alternativa gobernamental que puideran construír as forzas da oposición e vai capitalizar as marxes de confianza que destilan os inquéritos existentes a respeito da propia figura do actual presidente do executivo galego. Na sala de máquinas que pilota Alfonso Rueda son conscientes das eivas básicas que deben aturar nestas semanas: a carencia de resultados substantivos na xestión realizada dende San Caetano e a grave hipoteca que supón a presenza de Rajoy na Moncloa por mor das políticas destrutivas do benestar social conquistado nas últimas décadas. Read more



















