Arquivo sobre: publicidade institucional

AMEGA denuncia a desidia da Xunta na defensa do galego

Os membros da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) denuncian a desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego no eido da comunicación ante a pasividade das administracións públicas.

O goberno de Núñez Feijóo obvia o artigo 5 do Estatuto de Autonomía que recolle que “os poderes públicos de Galicia garantizarán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do galego en todos as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”. Esta Xunta está máis interesada en favorecer os intereses dos grandes grupos mediáticos que de defender os medios en galego, a pesar de que os medios tradicionais están sufrindo unha grave crise con despidos masivos e unha gran perda de audiencia.

No pasado 2014, os medios que utilizan o castelán levaron 9 veces máis axudas na orde de axudas institucionas que os medios que usan o galego. A Xunta destinou 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres que repartíu algo menos de 182.000 entre os xornais integramente en

Ler máis

A Xunta reserva dous millóns para propaganda no inicio do ano electoral

Case dous millóns e medio de euros. É a cantidade que o Goberno galego pode chegar a gastar coa contratación de senllas campañas de propaganda institucional cuxa tramitación vén de iniciar a través da Secretaría Xeral de Medios e da Consellería de Economía e Industria…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011