Arquivo sobre: ProTexta

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Consulta aquí o sumario do último número. Este mes publicamos unha interesante entrevista a Martin Baron, director de The Washington Post ,pronunciándose a prol do xornalismo de investigación, grazas ao cal foi posible que o Boston Globe, diario do que el era daquela o seu director, desafiara aos poderes establecidos poñendo ao descuberto o ocultamento de numerosos curas pederastas na arquidiócese de Boston, tal e como se reescribe no guión e nas imaxes da película «Spotlight», que vén de ser premiada co Óscar.
Por suposto, as nosas seccións fixas: as de Bieito Iglesias -Días soltos-, Antón Baamonde -O cfé na trincheira-,Iolanda Zúñiga -Vidas Whatsapp-, Daniel Álvarez -E digo eu…-, e Anxos Sumai -Felinas-. Co humor gráfico de Xaquín Marín, Nacho Hortas, Pepe Carreiro, Lola e Abraham Carreiro -Guau guau-. A entrega mensual de Xurxo Borrazás completa a entrega plural de textos de autor.
Moitos máis contidos no número de marzo de TEMPOS NOVOS. En quioscos e librarías.

Ler máis

CONTIDOS TN 202

Xa está na rúa o número 202 da revista TEMPOS NOVOS. Na nosa sección EN…

Ler máis

Na rúa, o número 20 da revista de libros Protexta

Hoxe, luns 4 de febreiro, o número 20 da revista de libros ProTexta chegará aos quioscos para a súa distribución gratuíta cos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Nos vindeiros días distribuirase tamén en librarías e outros puntos de venda conxuntamente coa TEMPOS Novos nº 188.

Neste ProTexta 20 abórdanse algunhas das máis salientables novidades editoriais nos campos da poesía, narrativa, ensaio, literatura infantil e xuvenil e banda deseñada. Procuramos o alento crítico e estamos na rúa grazas a unha completa nómina de colaboradores e colaboradoras que len canda nós.

«Non son alleo á normalización cultural, son contrario», afirma Alberto Lema na capa, chamada á entrevista longa deste número. No fío da publicación de Da Máquina (Galaxia, 2012), a súa terceira novela, falamos co narrador e poeta dunha escrita que entende como forma de acceso ao real contemporáneo. Tamén recollen as páxinas desteProTexta entrevista con Samuel Solleiro, que regresa ao relato con Gran tiburón branco (Xerais, 2012) e que anda arredor de posmodernidade fronte a modernidade.

Read more

Ler máis

Xa podedes descargar a revista de libros ProTexta

O número de inverno da revista de libros ProTexta está agora en Tempos Dixital, desde onde se pode descargar en formato pdf. Tratamos de revisar o máis destacado das novidades editoriais nos campos da poesía, narrativa, ensaio, literatura infantil e xuvenil e banda deseñada. Procuramos o alento crítico e estamos na rúa grazas a unha completa nómina de colaboradores e colaboradoras que len canda nós. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011