Arquivo sobre: Premio de artigos xornalísticos manuel Lueiro Rey

Convocado o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Co obxectivo de honrar a figura do seu ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística en galego, o Concello de Fornelos de Montes vén de convocar a II edición do PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY.
Poderán concorrer ao certame autores que presenten artigos inéditos escritos en galego. Deberán estar redactados nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social e deberán ter unha extensión de entre 2.500 e 3.000 caracteres.
O veredicto será dado a coñecer na segunda quincena de setembro de 2018. O prazo de presentación remata o día 30 de xuño de 2018.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011