Arquivo sobre: Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Alpabardas Verdes

TEMPOS NOVOS ofrécevos o artigo gañador do XIV Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores Concello de Carballo 2018, para publicar nos medios colaboradores o domingo 27 de maio. Trátase de «Alpabardas Verdes», de Carlos Lixó:

«Entrei na casa e bañoume un cheiro intenso a caldeirada, a voz de miña nai ouvíuse no fondo, atende ao que ten túa nai, unha cousa que nunca viches, tróuxenos para ti. Enriba da mesa uns toros de peixe cocido que para os meus ollos pouco espertos podería ser perfectamente xarda apañada antes do tempo. Abre un, abre. E fiquei parvo. Tiña por dentro unha espiña dunha cor tan bonita e tan intensa e tan difícil de definir… O máis próximo sería o espazo entre verde mar e azul turquesa. Apunta a palabra que despois esquénceme, son pataguillóns.»

Ler máis

Fai teu o galego!

Carlos Callón

Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas e que para falar o idioma de Galiza na propia terra hai unha serie de dificultades a maiores.

A pesar dos obstáculos, hai un método infalíbel que che permitirá ser capaz de falar un bo galego, con corrección, fluidez e comodidade. Velaquí a regra de ouro para o conseguires, mesmo moito antes do que imaxinas: “Fálao!” Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011