Arquivo sobre: política lingüística

Entrevista Francisco Fernández Rei

Moi crítico coa política actual da Xunta en materia lingüística, Francisco Fernández Rei está convencido das posibilidades de gañar finalmente a batalla contra o decreto do plurilingüismo, coñecido como decreto do galego, emprendida por varias organizacións e a Real Academia Galega, que vai chegar ata o final, no caso de que o Tribunal Constitucional, falle en contra da súa derrogación. “Se é así teremos máis posibilidades ante o Tribunal de Estrasburgo. Despois de todo, sempre digo que os vietnamitas non gañaron nunca unha batalla, pero ao final gañáronlles a guerra aos ianquis”, afirma contundente no seu despacho do Instituto da Lingua Galega a propósito dun decreto que supuxo a fin da discriminación positiva do galego nos centros educativos. No que fai á polémica reintegracionista, sostén que “o norte do galego non é Lisboa, está aquí”, e bota en falta que o Estado “non faga algo máis” para que se visualice que é realmente plurilingüe.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011