Arquivo sobre: pesca

ENTREVISTA: Fernando González Laxe

En plena madurez profesional, aos 62 anos, empezando xa a coller o camiño de volta, o economista e expresidente da Xunta (1987-89), Fernando González Laxe, sostén que Galicia segue afectada en boa medida das mesmas doenzas que a finais dos anos oitenta. Sen unha imaxe de marca que lle permita conquistar mercados específicos, e cunhas políticas da Xunta que “nin xeran emprego nin aumentan o valor engadido dos nosos produtos”, o país galego navegaría en augas procelosas sen rumbo, afastada desa tímida recuperación, que aínda non chega aos cidadáns, pero que reflicten os indicadores económicos. Recoñece que o seu partido, o PSOE, ten quedado “un pouco atrás”, que foi superado pola sociedade, e que lles corresponde ás novas xeracións impulsar unha saída. Advirte en todo caso que a nova dirección ten que contar cos históricos. Avanzamos un extracto da entrevista publicada no número de marzo da revista TEMPOS NOVOS.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011