Arquivo sobre: pensions

SUMARIO TEMPOS NOVOS

No mes de febreiro TEMPOS NOVOS quere profundar no estado do sistema público de pensións e, máis que no estado actual, no proceso no que se viu inmerso nos últimos anos e que fai que hoxe podamos falar dun derribo programado. A análise a completan as opinións de Pablo González Sío, secretario confederal de negociación colectiva da CIG, Maica Bouza Seoane, secretaria de emprego e previsión social de CCOO, e Xosé Antonio Gómez, secretario xeral da UGT en Galicia.

A revista, coma sempre, ofrece moitos máis temas de interese, como unha reflexión sobre a necesidade dun pacto pola língua, que inclúe unha carta aberta ao presidente da RAG, Víctor Freixanes, ou unha análise das claves e perspectivas do Novo Cinema Galego. Todo isto sen esquecer a sección literaria Protexta, as páxinas de Cultura coas súas críticas de cine, arte, música e banda deseñada ou as páxinas dicadas á refexión e o pensamento, entre outros moitos contidos que nos han de acompañar ao longo deste mes nunha lectura profunda e pausada.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011