Arquivo sobre: patrimonio cultural

O patrimonio común galego-portugués

O pasado 18 de outubro fixo 10 anos que un grupo de profesores e profesoras entregaba na sede da Unesco en Paris unha candidatura do patrimonio común galego- portugués. A primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea, e avalada por dous Estados. Pero detrás desta entrega houbo un intenso traballo conducido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!
Un patrimonio para o futuro

Os tempos son chegados para emprender unha nova campaña pola inscrición do patrimonio común galego-portugués na Lista Representativa da Unesco. Unha iniciativa que procura o compromiso e a decisión firme de apoiar e empuxar ás institucións neste necesario proceso. As administracións deben sentir o alento e a demanda da sociedade civil, das persoas “portadoras” deste patrimonio.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011