Arquivo sobre: pato Donald

Entrevista: Armand Mattelart

Armand Mattelart (1936) está convencido de que hoxe en día a tecnoloxía vai moito máis rápido que os cidadáns que buscan coñecer o que ocorre. Nos anos setenta deu a badalada con «Para ler ao pato Donald», onde desenmascara o imperialismo do personaxe de Disney. En rigor, canda o seu colega Dorfman, estudou a visión imperialista da industria cultural fronte aos países subdesenvolvidos. En Santiago de Compostela, onde vén de recibir a medalla de ouro da USC, o teórico belga da comunicación denuncia que cada vez quedan menos espazos onde confrontar ideas. E, respecto das novas tecnoloxías, advirte que, sendo ás veces elementos que favorecen actuacións solidarias, hai nelas “novas formas de tensión e dominación”.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011