Arquivo sobre: partidos políticos

E ti, de quen ves sendo?

Xosé Febrero

Novamente estamos sumersos nunha nova convocatoria electoral. Sempre non din que son importantes, e esta vez, os distintos partidos que esta é moito máis importante dado que do seu resultado dependerá qué estratexia daremos como sociedade para saír desta situación de crise, económica e existencial.

Tradicionalmente, as ofertas electorais coas que se topaban os electores galegos eran tres, o Partido Popular (PP), o Partido Socialista de Galicia (PSdG) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG). A estas opcións, había que sumar outras que tiveron un moderado éxito como fora no seu día Converxencia Galega, ou outros partidos galeguistas moderados, que tiveran unha implantación territorialmente limitada como Terra Galega, Read more

Ler máis

25S. O día despois

Francisco Martínez Hidalgo

A intención estaba clara. Un grupo de cidadáns querían axuntarse arredor do Congreso dos Deputados e facerlles chegar aos seus representantes, de viva voz, o descontento co seu traballo de representación. Poucas accións hai igual de inherentes e lexítimas a un sistema democrático indirecto como o noso ca esta. Se cadra hai métodos indirectos igual de válidos, como enviar correos electrónicos ou cartas, ou outros directos como solicitar xuntanzas para presentar calquera tema concreto, pero ningún destes se amosa eficaz cando o descontento é amplo co aspecto xeral do traballo parlamentario –segundo o CIS o 24% da poboación española considera á clase política e aos partidos un dos principais problemas de España. Read more

Ler máis

O dereito a preguntar

Noemí Fernandez

A intención de someter e manipular aos medios de comunicación non é ningunha novidade no mundo da política. As ditaduras, coñecedoras do perigo de voces discordantes, sempre controlaron e adulteraron a información que… Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011