Arquivo sobre: Núñez Feijoo

ENTREVISTA: Fernando González Laxe

En plena madurez profesional, aos 62 anos, empezando xa a coller o camiño de volta, o economista e expresidente da Xunta (1987-89), Fernando González Laxe, sostén que Galicia segue afectada en boa medida das mesmas doenzas que a finais dos anos oitenta. Sen unha imaxe de marca que lle permita conquistar mercados específicos, e cunhas políticas da Xunta que “nin xeran emprego nin aumentan o valor engadido dos nosos produtos”, o país galego navegaría en augas procelosas sen rumbo, afastada desa tímida recuperación, que aínda non chega aos cidadáns, pero que reflicten os indicadores económicos. Recoñece que o seu partido, o PSOE, ten quedado “un pouco atrás”, que foi superado pola sociedade, e que lles corresponde ás novas xeracións impulsar unha saída. Advirte en todo caso que a nova dirección ten que contar cos históricos. Avanzamos un extracto da entrevista publicada no número de marzo da revista TEMPOS NOVOS.

Ler máis

A dimisión do valedor

Xesús Veiga

Para o presidente da Xunta, as polémicas declaracións realizadas polo Valedor do Pobo na sede parlamentaria só poden ser consideradas como unha demostración da liberdade de expresión que posúe calquera persoa. Semellante simplificación analítica leva implícita unha alarmante consideración a respeito do nivel de intelixencia de quen lea ou escoite esa mensaxe explicativa. Para Núñez Feijoo, o Valedor resulta equiparábel a calquera comentarista ou tertuliano de tal xeito que cando Read more

Ler máis

O custe da democracia

Xesús Veiga

Teoricamente, o debate sobre política xeral que se celebra anualmente no Parlamento galego constitúe –xunto coa discusión dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma- unha das citas mais relevantes da actividade desta institución básica do autogoberno do noso País. Nesta ocasión, o que escoitamos e vimos non se compadeceu con esa importancia que cabe atribuír a tal evento.

Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011