Arquivo sobre: normalización lingüística

INCHAZÓN

O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores decidiu concederlle o premio ao artigo titulado «Inchazón», de Iria Veiga Ramos, valorando «a súa sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público a través dun texto con estrutura circular que pon de relevo a relación entre lingua e poder social. A través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos. Desde o xurado considérase que o artigo pode incidir positivamente no prestixio social do idioma, nomeadamente na sanidade, mais tamén, en xeral, en todos os ámbitos e sectores de prestixio».
Reproducimos de seguido o artigo gañador.

Ler máis

Tres en raia

A Escola ao servizo da nación

Por Bieito Silva, profesor de Ciencias da Educación da USC

Sería moi doado rastrexar nos últimos dous séculos da educación en España proclamas e normas sobre a necesidade de poñer a escola ao servizo dos ideais da nación, entendendo sempre, é claro, a nación como a España grande e única. Read more

Ler máis

El veloz murciélago…

Alba Cid

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…

Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011