Arquivo sobre: música

«Están Ustedes Unidos»

Fermín Bouza

Eu xa quedara prendado con «Esto que tienes delante» (Grabaciones en el mar, 2007) onde Eladio amosábanos unha estupenda sensibilidade pop con cancións tan redondas como «Al Himalaya» ou «Espanha a las 8″, ademais dunha enorme carga lírica sen necesidades rococó de ningún tipo, facendo as cousas como e mais difícil facelas: sinxelas, fondas e poéticas.

Pois ben, son estas mesmas calidades as que fan que «Están ustedes unidos»  Read more

Ler máis

Rolling Stones. 50 anos en 15 temas

Para falar de música non se pode pretender a obxectividade, pero si a honestidade. Respectar as emocións que nos provoca e tentar facerlles xustiza contándollas ós demais. E para falar de emocións, o mellor e remitirse ás cancións que as crean en primeira instancia. Isto non é unha lista dos 15 mellores temas, nin un repaso cronolóxico. Son cancións que serven ó mesmo tempo para provocar temas e para ilustrar a historia da banda de rock máis importante de sempre. Escoitade e lede.

Ler máis

«Cómo hacer crac»

Fermín Bouza Pena

O último traballo do «crooner» asturiano chámase «Como hacer crac«. Nunha primeira escoita, un dáse de conta que son as mesmas pantasmas de sempre as que flutúan polo universo de Vegas: culpabilidade, indefensión, derrota, tenrura… En definitiva, unha visión escéptica do ser humano que comeza dende si mesmo. Read more

Ler máis

A enerxía dos Right Ons

Todas as veces que vin en directo ós Right Ons sorprendinme facendo o mesmo. Bailar, como por espasmos. Como se fora algo inevitable. Berrando todas esas frases comodín que tanto prestan. Come on! All right! Right on! Esquecendo o ridículo, participando dunha euforia rítmica, colectiva e incontible, e pensando que o rock and roll debería ser sempre así. Algo que te colle e te leva. Read more

Ler máis

Manel ou o triunfo da naturalidade

A banda catalana Manel encandilou o público asistente á sede da Sgae en Santiago de Compostela na presentación do seu disco 10 Milles per veure una bona armadura. Algo máis de media hora foi o tempo que tardou en desmontarse a premeditada imaxe de seriedade cargada de ironía pola que adoitan apostar os barceloneses en todos os seus concertos.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011