Arquivo sobre: Monte Pío

Cara de cemento

O cemento obtense da mestura de cal, sílices, aluminio e óxido de ferro, aos que en ocasións se lles engaden outros materiais, como a bauxita ou a area fina. O resultado é un po que ao ser mesturado coa auga se converte nunha pasta gris, pegañenta e maleábel que ao secar se volve dura e resistente coma unha pedra. Deste conglomerado final, feo e impenetrábel, é de onde vén a imaxe “ter unha cara de cemento”. Se o complementamos con pedregullo e ferralla obteriamos o formigón armado. Teriamos entón unha cara coma o formigón armado. Esa é a cara de Alberto Núñez Feijóo.

O cemento non é un material nobre, pero é rendíbel. En termos de dureza e inflexibilidade a cara de cemento é o estadio superior á “cara de pau”, e permítelle a quen a ten afirmar que a noite é día ou que o lume non queima sen pestanexar e sen que lle tire un tendón facial. Se un gobernante quere lucila sen que lle chamen feo e insensíbel non pode facelo en…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011