Arquivo sobre: Marcel Mauri

Marcel Mauri, vicepresidente de Omnium Cultural

En Santiago, na Facultade de Ciencias da Comunicación, Marcel Mauri participou na presentación dunha ampla enquisa realizada a xornalistas, en todo o Estado, que abrangue interrogantes sobre o código ético, presións políticas ou dependencia das fontes gobernamentais. Mauri foi designado xefe de gabinete e de comunicación da alcaldía de Badalona en 2016 e, no 2017, asesor do vicepresidente do Govern e conseller d´Economia ata que entrou en vigor o artigo 155. O ingreso no cárcere de Jordi Cuixart supúxolle a asunción da vicepresidencia de Òmnium Cultural.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011