Arquivo sobre: manifestacións

25S. O día despois

Francisco Martínez Hidalgo

A intención estaba clara. Un grupo de cidadáns querían axuntarse arredor do Congreso dos Deputados e facerlles chegar aos seus representantes, de viva voz, o descontento co seu traballo de representación. Poucas accións hai igual de inherentes e lexítimas a un sistema democrático indirecto como o noso ca esta. Se cadra hai métodos indirectos igual de válidos, como enviar correos electrónicos ou cartas, ou outros directos como solicitar xuntanzas para presentar calquera tema concreto, pero ningún destes se amosa eficaz cando o descontento é amplo co aspecto xeral do traballo parlamentario –segundo o CIS o 24% da poboación española considera á clase política e aos partidos un dos principais problemas de España. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011