Arquivo sobre: lingua

NON POR MIN; POR ELES

Publicamos o artigo «Non por min; por eles», de Borxa González Tenreiro. Este artigo resultou gañador do XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2016, que foi entregado no Pazo da Cultura de Carballo.

Ler máis

Entrevista Francisco Fernández Rei

Moi crítico coa política actual da Xunta en materia lingüística, Francisco Fernández Rei está convencido das posibilidades de gañar finalmente a batalla contra o decreto do plurilingüismo, coñecido como decreto do galego, emprendida por varias organizacións e a Real Academia Galega, que vai chegar ata o final, no caso de que o Tribunal Constitucional, falle en contra da súa derrogación. “Se é así teremos máis posibilidades ante o Tribunal de Estrasburgo. Despois de todo, sempre digo que os vietnamitas non gañaron nunca unha batalla, pero ao final gañáronlles a guerra aos ianquis”, afirma contundente no seu despacho do Instituto da Lingua Galega a propósito dun decreto que supuxo a fin da discriminación positiva do galego nos centros educativos. No que fai á polémica reintegracionista, sostén que “o norte do galego non é Lisboa, está aquí”, e bota en falta que o Estado “non faga algo máis” para que se visualice que é realmente plurilingüe.

Ler máis

Prolingua denuncia o esmorecemento cultural de Galicia

Prolingua denuncia a Xunta polo «esmorecemento» do sector cultural do país. Así, nun comunicado lembra que hai doce anos este sector ocupaba o cuarto posto no PIB galego. Así o recolle o portal Galicia Confidencial. «Os gobernantes da actual Xunta escolleron que sectores produtivos impulsarían e cales deixarían esmorecer. Nun contexto de desemprego e de emigración, a posibilidade de que se arruínen ou saian adiante proxectos científicos, artísticos ou xornalísticos -eses que máis dependen, sobre todo no inicio, dos fondos públicos- non é aleatoria», apunta nun comunicado.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011