Arquivo sobre: Lei de Publicidade Institucional

En contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación

O Parlamento de Galicia rexeitou onte a toma en consideración da proposta de Lei de Publicidade Institucional que presentou a Asociación de Medios en Galego co apoio dos grupos parlamentares do BNG e AGE.
A Asociación de Medios en Galego tomou a iniciativa de presentar este documento debido á inacción da Xunta de Galicia, aínda que esta Lei fora anunciada por Alberto Núñez Feijóo en repetidas ocasións desde que accedera á presidencia da Xunta de Galicia hai xa seis anos.
Todos os grupos parlamentares, agás o do PP, apoiaban a tramitación parlamentaria desta proposta que finalmente quedou desestimada.
«Vostede non ten vergonza» espetoulle a deputada do BNG Montse Prado á representante do Partido Popular Paula Prado, despois de que ésta afirmara que

Ler máis

A Asociación de Medios en Galego presenta a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional

A Asociación de Medios en Galego, da que forma parte TEMPOS NOVOS, presentou no Rexistro do Parlamento Galego a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional.

Fíxoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG, unha vez que o PSdG asegurou que apoiará a proposición pero que non recoñece todo o texto e o PPsG lembrou que está traballando na súa proposta. A entidade indicou que pretende “protexer,
cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia no reparto das axudas públicas e da
publicidade aos medios de comunicación.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011