Arquivo sobre: Justo Beramendi

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Consulta aquí o sumario do último número. Este mes publicamos unha interesante entrevista a Martin Baron, director de The Washington Post ,pronunciándose a prol do xornalismo de investigación, grazas ao cal foi posible que o Boston Globe, diario do que el era daquela o seu director, desafiara aos poderes establecidos poñendo ao descuberto o ocultamento de numerosos curas pederastas na arquidiócese de Boston, tal e como se reescribe no guión e nas imaxes da película «Spotlight», que vén de ser premiada co Óscar.
Por suposto, as nosas seccións fixas: as de Bieito Iglesias -Días soltos-, Antón Baamonde -O cfé na trincheira-,Iolanda Zúñiga -Vidas Whatsapp-, Daniel Álvarez -E digo eu…-, e Anxos Sumai -Felinas-. Co humor gráfico de Xaquín Marín, Nacho Hortas, Pepe Carreiro, Lola e Abraham Carreiro -Guau guau-. A entrega mensual de Xurxo Borrazás completa a entrega plural de textos de autor.
Moitos máis contidos no número de marzo de TEMPOS NOVOS. En quioscos e librarías.

Ler máis

A traizón dos medios

Son moitos os factores que puxeron os medios de comunicación na tesitura existencial…

Ler máis

Preparando as batallas decisivas

Pasados xa case dous meses da constitución dos novos concellos, están xa despexadas as incógnitas sobre os gobernos das comunidades autónomas. Os grandes cambios no mapa político urbano provocan consecuencias políticas de cara ás vindeiras eleicións xerais. É o momento de facer balance dos cambios no poder autonómico e municipal resultantes das eleccións do 24 de maio.

Ler máis

Podemos: entre a esperanza e a sospeita

Por Justo Beramendi
Como anunciei no meu artigo do mes pasado, hoxe vou centrarme no fenómeno Podemos, obxecto predilecto dende maio de faladoiros, análises, enquisas, declaracións, apoios e rexeitamentos. E non é para menos. En seis meses conseguiron atraer un cuarto de millón de “inscritos” da máis variada idade e orixe socioprofesional, ter presenza en todo o territorio do Estado, meter o medo no corpo dos grandes partidos, que ven en serio perigo o seu dominio compartido de sempre, e poñer patas arriba toda a esquerda, sexa moderada, radical ou mediopensionista.

No rebumbio de valoracións e ideas contrapostas que padecemos só hai acordo nunha cousa: Podemos é consecuencia directa tanto do altísimo prezo que a crise e as políticas de axuste lles fixeron pagar ás clases populares e a boa parte das clases medias en perda de renda, de empregos

Ler máis

O PP e a rexeneración da democracia

A necesidade de “rexenerar” a democracia española está de actualidade, e máis despois do susto que levaron todos coa irrupción de Podemos. E o PP, por non ser menos, en xullo acudiu lixeiro á opera querendo ser primeiro tenor cun plan supostamente contundente que contén dúas medidas “estrela”: que haxa máis “transparencia” (?) nas administracións e nos partidos e o seu vello mantra de que sexan alcaldes os cabezas das candidaturas máis votadas (aínda que esa candidatura non acade a maioría da corporación). Desta vez non dixo que esa mesma regra debería aplicarse en todas as instancias representativas, pero todos sabemos que iso é o que lle pide o corpo.

Estamos perante unha auténtica vontade de rexeneración, perante unha operación de imaxe máis ou simplemente é un intento á desesperada de cambiar as regras do xogo para mandar en máis concellos á custa dos demais? A oposición denuncia que este último é o verdadeiro motivo, e a vontade manifestada polo PP a finais de agosto de que fará a reforma aínda sen consenso para que se aplique nas vindeiras eleccións municipais parece darlles a razón. En todo caso, para analizar o asunto coa maior dose posible de argumentos racionais e a menor posible de bile e partidismo, debemos examinar antes os padecementos do doente e comprobar despois se a apócema receitada é acaída para curalos ou alivialos.

Ler máis

Catalunya, mon amour

No meu artigo publicado no número 200 da edición en papel da revista TEMPOS NOVOS (xaneiro 2014), quedou pendente abordar con certo detalle a cuestión catalá, que leva tempo ocupando o centro do escenario político. O rebumbio crecente de acusacións cruzadas, desafogos viscerais, espasmos patrióticos dun e doutro lado, verdades descontextualizadas, medias
verdades, falsidades mellor ou peor adobadas, espadadas xurídicas, recursos a unha historia sempre manipulada, balances e contrabalances económicos, predicións paradisíacas, escenarios apocalípticos e algunha que outra análise racional, xira todo arredor dunha realidade indiscutible e de dúas preguntas que derivan dela.

A realidade é que, polas causas que sexa, unha abafadora maioría da sociedade catalá quere exercer o dereito de autodeterminación, isto é, quere decidir libremente que facer consigo mesma no que atinxe á súa relación co Estado español, e que unha parte considerable desa maioría desexa que o exercicio dese dereito se oriente no sentido de separar a Cataluña de España para constituír un novo Estado dentro da Unión Europea. E de aquí veñen as preguntas. Primeira: é lexítimo, dentro dos principios universais da democracia moderna, ese dereito? Dito doutro modo: é democrático que a sociedade catalá manifeste a súa vontade maioritaria nese asunto ou o democrático é impedirlle que o faga por aplicación da legalidade constitucional vixente? Segunda pregunta: a hipotética secesión de Cataluña sería beneficiosa ou prexudicial para os seus habitantes? (En que sería claramente prexudicial para o resto de España hai acordo).

Ler máis

Tempos Novos 175, na rúa cun especial sobre o 20N

TEMPOS de decembro xa está camiño das casas dos suscriptores e dos quioscos; cun dossier especial sobre os resultados das pasadas eleccións do 20 de Novembro. Entrevistas con Beiras, Santiago Alba e a sección de cultura completan o número 175.

Ler máis

Xa na rúa o número de novembro de Tempos Novos

Xa podedes atopar nos vosos quioscos (e os suscriptores recibiredes en breve nas vosas casas) o número de novembro de Tempos Novos, que analisa a fondo o saqueo do sistema financieiro galego, no dossier «Expolio e traizón». Contará con textos de Xavier Vence, Lara Graña, Ramón Yáñez, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ramón Fernández Braxe.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011