Arquivo sobre: I+D

Entrevista: Jorge Mira, físico

As súas teorías, contrarias ao cambio de fuso horario, en plena efervescencia das ideas dos que avogan por colocar Galicia en sintonía coa hora de Portugal e de Londres, teñen descolocado a máis dun. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tenlle solicitado informalmente un contacto ao respecto. Con 48 anos, Jorge Mira, un dos físicos máis mediáticos do país, acaba de ser elixido novo membro da Real Academia Galega. E a súa entrada ten moito que ver coa elaboración dun traballo, no que se indaga como foron elixindo os galegos entre as linguas galega e castelán, segundo as circunstancias. Observa que a principios do século XX, o noventa por cento era monolingüe.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011