Arquivo sobre: Generalitat

Catalunya, mon amour

No meu artigo publicado no número 200 da edición en papel da revista TEMPOS NOVOS (xaneiro 2014), quedou pendente abordar con certo detalle a cuestión catalá, que leva tempo ocupando o centro do escenario político. O rebumbio crecente de acusacións cruzadas, desafogos viscerais, espasmos patrióticos dun e doutro lado, verdades descontextualizadas, medias
verdades, falsidades mellor ou peor adobadas, espadadas xurídicas, recursos a unha historia sempre manipulada, balances e contrabalances económicos, predicións paradisíacas, escenarios apocalípticos e algunha que outra análise racional, xira todo arredor dunha realidade indiscutible e de dúas preguntas que derivan dela.

A realidade é que, polas causas que sexa, unha abafadora maioría da sociedade catalá quere exercer o dereito de autodeterminación, isto é, quere decidir libremente que facer consigo mesma no que atinxe á súa relación co Estado español, e que unha parte considerable desa maioría desexa que o exercicio dese dereito se oriente no sentido de separar a Cataluña de España para constituír un novo Estado dentro da Unión Europea. E de aquí veñen as preguntas. Primeira: é lexítimo, dentro dos principios universais da democracia moderna, ese dereito? Dito doutro modo: é democrático que a sociedade catalá manifeste a súa vontade maioritaria nese asunto ou o democrático é impedirlle que o faga por aplicación da legalidade constitucional vixente? Segunda pregunta: a hipotética secesión de Cataluña sería beneficiosa ou prexudicial para os seus habitantes? (En que sería claramente prexudicial para o resto de España hai acordo).

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011