Arquivo sobre: galego

NON POR MIN; POR ELES

Publicamos o artigo «Non por min; por eles», de Borxa González Tenreiro. Este artigo resultou gañador do XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2016, que foi entregado no Pazo da Cultura de Carballo.

Ler máis

Prolingua denuncia o esmorecemento cultural de Galicia

Prolingua denuncia a Xunta polo «esmorecemento» do sector cultural do país. Así, nun comunicado lembra que hai doce anos este sector ocupaba o cuarto posto no PIB galego. Así o recolle o portal Galicia Confidencial. «Os gobernantes da actual Xunta escolleron que sectores produtivos impulsarían e cales deixarían esmorecer. Nun contexto de desemprego e de emigración, a posibilidade de que se arruínen ou saian adiante proxectos científicos, artísticos ou xornalísticos -eses que máis dependen, sobre todo no inicio, dos fondos públicos- non é aleatoria», apunta nun comunicado.

Ler máis

A pértega do portugués para unha Galiza máis competitiva

Os resultados da enquisa sobre o uso da lingua do Instituto Galego de Estatística, que se coñeceron a principios de decembro, son moi preocupantes: o galego é unha lingua minoritaria que ademais está a perder falantes. A posíbel desaparición do idioma a medio prazo sería un desastre. Moitas formas de dicir as cousas –resultado da evolución de centos ou miles de anos– deixarían de existir, aínda que se conserven en escritos e gravacións.

Tamén están as emocións. A conexión do son do idioma, das palabras, coa memoria, coas vivencias das…

Ler máis

AMEGA denuncia a desidia da Xunta na defensa do galego

Os membros da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) denuncian a desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego no eido da comunicación ante a pasividade das administracións públicas.

O goberno de Núñez Feijóo obvia o artigo 5 do Estatuto de Autonomía que recolle que “os poderes públicos de Galicia garantizarán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do galego en todos as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”. Esta Xunta está máis interesada en favorecer os intereses dos grandes grupos mediáticos que de defender os medios en galego, a pesar de que os medios tradicionais están sufrindo unha grave crise con despidos masivos e unha gran perda de audiencia.

No pasado 2014, os medios que utilizan o castelán levaron 9 veces máis axudas na orde de axudas institucionas que os medios que usan o galego. A Xunta destinou 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres que repartíu algo menos de 182.000 entre os xornais integramente en

Ler máis

Lingua de trapo

Unha pintada nos arredores dun instituto: “Se aínda somos galegos é grazas…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011