Arquivo sobre: feminismo

Entrevista: María Xosé Queizán

Se fose preciso argumentar que hai unha discriminación patente contra as mulleres, chegaría con percorrer a biografía dunha das máis grandes que ten dado Galiza, María Xosé Queizán: novelista, ensaísta, profesora, lingüista, poeta, dramaturga, articulista, actriz, editora, conferenciante… A súa obra publicada é inxente.
Este é un extracto da entrevista publicada no número 250, de marzo do 2018, da revista TEMPOS NOVOS.

Ler máis

Entrevista: Michèle Matterlat

Nas facultades de Xornalismo dos anos setenta e oitenta falábase moito dos impactantes traballos de Armand Mattelart. Moito menos dos textos da súa compañeira, pero tamén. Michèle Mattelart publicou en 1977 A cultura da opresión feminina e, en 1982, Mulleres e industrias culturais, libro no que defende que os medios están condicionados histórica e socialmente, e que a súa función responde ás necesidades dun sistema de poder. Trinta e cinco anos despois, no marco do primeiro congreso internacional de comunicación organizado por investigadores galegos integrados en Agacom, advirte dos efectos sobresaturantes dos medios. Denuncia o ambiente “sexista”, e propón obviar o “presentismo” mediático coa lectura de ensaios e a práctica da reflexión. “Hai que evitar os medios que te poden saturar”, postula, e situarse “nos intersticios da globalización sen vendermos a alma”.
Este é un extracto da entrevista realizada por Luís Villamor para o número 249, do mes de febreiro de 2018, para a revista TEMPOS NOVOS

Ler máis

A cociña da política

Iolanda Veloso

A pesares do que poida parecer polo título do artigo, non vou falar da famosa cociña na que se xuntan as elites das organizacións políticas para chegar a acordos sobre futuras accións con maior ou menor repercusión para a cidadanía ou para a militancia dos partidos. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011