Arquivo sobre: fascismo

Fascismo do século XXI

Por Enrique Sáez Ponte

As eleccións europeas amosaron en moitos países (Francia, Reino Unido, Dinamarca, Hungría, Grecia, Holanda, Austria…) unha suba de partidos xenófobos e antieuropeos. A volta de organizacións que reproducen argumentos ideolóxicos do fascismo a espazos próximos do poder político en sociedades avanzadas require unha reflexión e unha análise que axude a identificar os elementos sociais, as mensaxes ideolóxicas e o tipo de ecosistema político que facilitan o desenvolvemento destes movementos.

A exaltación do patriotismo é un elemento emocional doado para mobilizar a parte da poboación. Cómpre defender a patria, evitando a perda dos valores culturais propios e da capacidade de xestionar os seus recursos: as grandes empresas, os postos de traballo, o acceso ao mercado interior…

Ler máis

Fraga, ese home. Entre o fascismo e o liberalismo conservador (Parte 2)

Pódese clasificar o pensamento político-ideolóxico de Fraga entre o conservadorismo autoritario e o neoconservadorismo, a democracia cristiá e o populismo. Publicamos a continuación a segunda parte do artigo de Luís Álvarez Pousa.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011