Arquivo sobre: Facebook

Das redes sociais como taberna global

Miguel Vázquez Freire

Dous sucesos de moi diferente índole prenderon lume nas redes sociais provocando un debate que, por outra banda, non é novo: debe restrinxirse a liberdade de expresión nas redes? E, ao fío deste interrogante xeral, estoutros complementarios: precísase unha adaptación das leis aos novos usos comunicativos ou abonda con aplicar as preexistentes, concibidas para os medios tradicionais?, chega con promover o uso responsable entre os usuarios das redes sociais ou pode estar xustificado algún tipo de de censura ou castigo penal para o mal uso?
Os feitos son xa ben coñecidos. O 12 de maio morría, tiroteada en plena rúa, Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León e da organización provincial do PP. Sete días despois, o Real Madrid de baloncesto perdía fronte ao Maccabi de Tel Aviv a final da copa de Europa. Despois destes sucesos, decenas de mensaxes (que replicados na rede acadaron a cifra de centos, posiblemente miles) circularon, sobre todo en twiter, con contidos insultantes, altamente agresivos e, no segundo caso, xenófobos e antisemitas, que non paga a pena reproducir. Tras deles chegaron as reaccións: no primeiro caso, as dos políticos afíns á vítima do crime, en xeral secundados polos dos outros grupos representados no arco parlamentario, reclamando castigos exemplares, reclamación que cedo atopou eco no propio goberno, con declaracións do ministro de Interior prometendo estudar medidas; no segundo, as das organizacións xudías españolas, que presentaron formalmente…

Ler máis

Facebook: o soño universitario de máis de 100.000 millóns de dólares

Xa estamos afeitos a pensar nos Estados Unidos como berce dos casos de maior éxito na Internet, ou polo menos dos máis sonados. A historia, moitas veces levada ao mito obviando os detalles máis mediocres que estropean un bo relato, parece ser sempre a mesma: estudantes novos, reservados, que crean algo novidoso e fanse millonarios en cousa de poucos anos. Pensemos, por poñer algún exemplo, nos Steve’s fundadores de Apple, en Bill Gates (Microsoft) ou na parella Page – Brin con Google. Read more

Ler máis

Disquecool: «Empezamos coa típica conversa de xornalistas que se propoñen montar algo e nunca chega a nada»

Quedamos no «Máis Palá» para entrevistar a Ana e a Cris, dúas xornalistas viguesas que puxeron en marcha un dos proxectos máis interesantes da rede galega en anos: unha revista dixital de deseño, moda e tendencias en galego. A revista vén de cumprir 6 meses e mesmo agasallou cunha estantería a un dos seus lectores para celebralo.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011