Tempos Dixital | entrevista

Arquivo sobre: entrevista

ENTREVISTA JAVIER PÉREZ ROYO

Cataluña, no epicentro da entrevista. A cuestión catalá, a estas alturas, xa é moi difícil que se poida resolver sen a convocatoria dun referendo, conclúe o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, Javier Pérez Royo, quen culpa o Goberno español de querer o nacionalismo, como Franco ao Exército da República, “cativo e desarmado”. Na entrevista que lle concedeu a Tempos Novos, afirma así mesmo que o delito de rebelión que se lles imputa aos membros do Govern é imaxinario, e que o PSOE fixo unha metedura de pata brutal aceptando sen garantías a aplicación do 155 da Constitución. É moi duro contra Llarena, o maxistrado instrutor, en cuxos autos denegatorios de liberdade, ou de autorización para que o activista Jordi Sánchez puidese ser investido novo President da Generalitat, ve unha carencia absoluta de fundamentos legais. Xustificando en razón diso a querela presentada polo Parlament contra ese xuíz do Supremo.

Ler máis

Entrevista: José Antonio Pérez Tapias

Verso solto no PSOE, ma non troppo, pois como candidato de Izquierda Socialista conseguiu no 2014 o 15% dos votos nun congreso extraordinario do partido tendo en fronte a Pedro Sánchez e a Eduardo Madina. José Antonio Pérez Tapias, nas antípodas de Susana Díaz, rexeita por “dogmática” a afirmación da “indisoluble unidade de España”. Na entrevista concedida a TEMPOS Novos, sostén que o Estado das Autonomías de 1978 está esgotado. Propón un proceso constituínte, retomar a idea de referendo legal para Catalunya e o impulso dun Estado plurinacional, con pleno recoñecemento das nacións do Estado, nomeadamente Catalunya, Euskadi e Galicia. “Necesitamos resolver a cuestión das nacións”, conclúe o díscolo e reflexivo militante socialista.

Ler máis

Antón Costas: «A sociedade define o que é ético ou non, a lexislación pública non pode».

Antón Costas Comesaña é unha voz rigorosa a prol dun discurso económico documentado en datos e diagnósticos a través da práctica do seu deporte principal: a ciencia económica entendida como materia ética, social e dialogante…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011