Arquivo sobre: emigración

As eleccións vistas desde a diáspora

O censo de residentes ausentes medrou un 18% desde o 2009 e representa xa o 17% do electorado total. Mais a reforma da Lei Electoral e a desafección que está a sufrir a clase política por parte do cidadán fixeron que só catro de cada cen “residentes ausentes” solicitara o voto rogado.

A sala de espera para entrar na oficina de atención a residentes europeos da Commune de Saint-Gilles estaba ateigada de xente. Unhas trinta persoas nun habitáculo con escasos asentos para acomodarse conversaban en diferentes idiomas. Read more

Ler máis

A emigración do século XXI, unha aventura por necesidade

Malia o cambio económico e social vivido en España nos últimos trinta anos, o Estado do sur de Europa segue a ser un país de emigración. A tendencia á diáspora invertírase desde finais dos 90 e España pasou de ser exportador a receptor de man de obra; pero no 2011, outra vez, o número de persoas que abandonaron o país superou ao dos que chegaron. Read more

Ler máis

Por unha revolución ética

Francisco M. Hidalgo

En tempos de extrema dificultade, e despois de tantos chamamentos ao sacrificio, a solución á profunda crise non se ve por ningures. As grandes palabras conquistaron os titulares, mentres os conseguintes grandes feitos tardan en chegar… se algún día o fan. Ata o día de hoxe escoitamos promesas sobre a refundación do capitalismo, sobre as profundas reformas estruturais pendentes e inminentes, ou sobre a renovación do valor do compromiso colectivo. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011