Compromiso (económico)
Compromiso (económico) por Galicia
Antes de nada, quero dicir que non me considero unha persoa nacionalista, aínda que en ocasións o pareza. Esta vai ser unha desas ocasións. Explícome. Pese a ter a nacionalidade española, eu considérome galego, non por un capricho rebelde ou por odio ao resto de españois. Non, simplemente porque é o que sinto e enganaríame dicindo o contrario. Ningúen nos pode impoñer o que somos. Ninguén. Dito isto, é necesario destacar que Galicia hoxe é unha comunidade autónoma que forma parte do Estado español, mais non sempre foi así. Durante 170 anos foi un reino independente, aínda que certo é que xa choveu dende entón. Read more