A privatización da maternidade
A Xunta presentou no parlamento galego un plan de dinamización demográfica para o noso avellentado país no que non está garantido o relevo xeracional. É lóxica a súa preocupación aínda que me gustaría darlles algúns argumentos para que non se preocupen demasiado, que os vexo algo agobiados co tema da reprodución. Nun tempo de recortes nos servizos públicos básicos, onde sobran profesoras, investigadoras, estudantes… tampouco é preciso esforzarse demasiado en ter moitos fillos a menos que teñamos garantido que van ser banqueiros, que é o que necesitamos para saír da crise. Read more













