Arquivo sobre: desconexión

CATALUNYA, UN MES DE SUSPENSE

Xa non hai volta atrás. O proceso de desconexión de Catalunya avanza cara o 1 de outubro e o goberno de Madrid vixía por terra, mar e aire os movementos do independentismo para abortalo. Rotas todas as pontes entre a Generalitat e a Moncloa, nada pode evitar o choque de comboios. Cantos saian á rúa para darlle valor reivindicativo á Diada do vindeiro 11 de setembro, farano dispoñendo desde a víspera dunha lei de transitoriedade coa que canalizar a nova legalidade republicana no momento do desamarre, e coa convocatoria unilateral dun referéndum -»Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?»- publicada no Diari Oficial da Generalitat. A estas alturas, é difícil predecir en que vai dar ese tour de force entre, por unha banda, quen tenta exercer o chamado dereito a decidir e quen, pola outra, tenta impedilo cunha combinación de ameazas, tribunais e forza policial. Moito menos doado é predecir a folla de ruta do día despois no probable caso de que, pese a todo, a cidadanía poidera finalmente depositar o seu voto nas urnas. Non houbo nestes últimos 40 anos ningún outro momento que revestise tanta tensión política.
(Avance do Informe publicado en TEMPOS NOVOS 244 de setembro de 2017)

Ler máis

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Consulta aquí os constidos do número de setembro de TEMPOS NOVOS.
O procés catalá, o xihadismo que mata e a política antiterrorista, a Francia de Macron (que desenmascara o seu rostro neoliberal), o transcendental congreso do PCCh en China, as radiografías veladas que os medios fan de Venezuela… E unha demorada entrevista con Xosé Carlos Arias, un dos analistas económicos máis sólido do país, aportando argumentos contra o capitalismo de casino.
Pero tamén os 30 anos do grupo Chévere, a crónica do que deu de si o festival de teatro de Ribadavia, e a crítica cultural (cinema, series,música, teatro, libros).
A sección Argumenta (ciencia e pensamento) e as seccións habituais do Todo é Peixe e Guau guau, completan un cento de páxinas que non teñen desperdicio.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011