Arquivo sobre: Damián Villalaín

O nacionalismo galego e a independencia de Cataluña

Cada vez falta menos para o 9 de novembro de 2014, día sinalado nas axendas políticas todas por ser para uns a data histórica na que Cataluña decidirá se quere ser un Estado independente, e para outros o día da consulta ilegal que de ningunha maneira se vai celebrar. Para a maioría supoño que se trata sobre todo dunha data marcada pola incerteza e mesmo pola inevitable inquedanza que se deriva da contemplación de dúas razóns e dous poderes que fixeron todo o posible para non chegar a ningún tipo de entendemento.

Razóns teñen tamén os cataláns que queren a independencia, tantas polo menos como os que non a queren. No debate esgrimíronse argumentos de todo tipo, desde os máis trucados, baseados na incrible emotividade que aínda son quen de espertar reais ou inventados agravios históricos, ata os máis (relativamente) obxectivables, que son os que adoitan atopar fundamento na economía. Aínda sen chegaren os asuntos económicos a hexemonizar o debate sobre a independencia na mesma medida en que o fixeron en Escocia, é evidente que as cuestións relacionadas co diñeiro, co nivel de vida e coas expectativas dunha maior riqueza futura están a ser elementos moi importantes para que os cidadáns de Cataluña se

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011