Arquivo sobre: crise

Froita que é amarga

Xesús Veiga

Aínda que non o recoñeza, Mariano Rajoy desexaría que todas as semanas dos vindeiros meses fosen como a que rematou o domingo día 1 de Xullo.O cumio celebrado polos dirixentes da UE tivo un desenlace menos negativo do que prognosticaban moitos analistas e, sobre todo, o tramo final da Eurocopa de fútbol concentrou unha parte importante da atención da maioría da poboación do Estado español. O éxito da selección dirixida por Vicente del Bosque conseguiu aliviar, momentaneamente, os síntomas depresivos que presenta, dende hai tempo, o corpo social.  Read more

Ler máis

Estímulos e vitaminas

Xosé Febrero

A propósito da crise vense facendo un paralelismo entre a situación económica galega, española e europea, e a situación dun doente que se estivera sometendo a un tratamento médico moi agresivo, como pode ser un tratamento de radioterapia ou quimioterapia. Os defensores de esta comparanza indican que a economía está “enferma”, e ademais das talladas necesarias nos tecidos “enfermos”, que se asimilan a intervencións cirúrxicas, compre tamén un réxime de estímulos económicos, que se asimilan ao consumo de vitaminas, a determinados alimentos que se consideran máis propicios, e a que o doente sufra o mínimo estrés posible. Read more

Ler máis

Rescue me!

Francisco Martínez Hidalgo

A loita contra a palabra “rescate” leva varios días mobilizando á dereita española. Ninguén a quere pronunciar. Ninguén a quere escribir. Ninguén a quere recoñecer. Para substituíla téñense dito numerosos eufemismos: “apoio europeo”, “préstamo solidario”, “axuda comunitaria”… Algún xornalista de medios que si a escriben, con grandes titulares, ten padecido estes días pasados algún xesto maledicente por parte de Luís de Guindos e de Mariano Rajoy. Todo vale para que pareza que non, que este caso non é como os demais. O choteo en Twitter acadou o seu grao máximo co hashtag #EspañanoesUganda… aínda que ás veces poda parecelo. Read more

Ler máis

A UE, a poucos metros do abismo

En pouco máis dun ano, a crise levouse por diante oito gobernos da UE, seis…

Ler máis

Manuel Rivera: “A economía solidaria non nos sacará da crise, pero garantirá a calidade de vida”

Manuel Rivera é unha das caras visibles do movemento da economía solidaria en Galicia. O presidente da asociación de economía social Briante e promotor da cooperativa intercultural Armeria avoga por concienciar á sociedade da existencia dunha alternativa á economía de mercado que permita levar a cabo un desenvolvemento social, ecolóxico e colectivo.

Ler máis

Italia, presa da clase política e da débeda

Domenico Tinelli achega a Tempos Dixital as claves para entender a situación na que se atopa a día de hoxe Italia. Máis alá dunha crise económica, o país mediterraneo leva moito tempo sumido nunha crise política da que precisa saír urxentemente.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011