As entreteas do poder político
A estratexia reactiva seguida polos partidos do bipartidismo tradicional (PP/PSOE)…
A estratexia reactiva seguida polos partidos do bipartidismo tradicional (PP/PSOE)…
O encarceramento de dous titiriteiros acusados de enaltecemento do terrorismo,…
O caso Rato afianza as teorías dun réxime en descomposición. Os sete delitos…
O cemento obtense da mestura de cal, sílices, aluminio e óxido de ferro, aos que en ocasións se lles engaden outros materiais, como a bauxita ou a area fina. O resultado é un po que ao ser mesturado coa auga se converte nunha pasta gris, pegañenta e maleábel que ao secar se volve dura e resistente coma unha pedra. Deste conglomerado final, feo e impenetrábel, é de onde vén a imaxe “ter unha cara de cemento”. Se o complementamos con pedregullo e ferralla obteriamos o formigón armado. Teriamos entón unha cara coma o formigón armado. Esa é a cara de Alberto Núñez Feijóo.
O cemento non é un material nobre, pero é rendíbel. En termos de dureza e inflexibilidade a cara de cemento é o estadio superior á “cara de pau”, e permítelle a quen a ten afirmar que a noite é día ou que o lume non queima sen pestanexar e sen que lle tire un tendón facial. Se un gobernante quere lucila sen que lle chamen feo e insensíbel non pode facelo en…
Despois de “A corrupción ten raíces fondas”, de Marcos S. Pena, publicamos agora o segundo dos dous artigos publicados na revista TEMPOS NOVOS de novembro de 2009, a pouco de se destapar o caso Gürtel, que colocou contra as cordas ao PP evidenciando as estreitas relacións entre poder e corrupción política. Saltaron daquela unhas alarmas que cada día soan con forza renovada. E xa daquela sabiamos que a corrupción viña de lonxe, dunha política moi devaluada e dos descubertos legais que daban vara ancha a partidos e concellos para financiarse en negro.
Gurtel é a palabra do ano. Outra volta corrupción e política aparecen ligados nos medios de comunicación e nas conversas diarias dos cidadáns, aumentando o desprestixio dos poderes públicos e dos partidos. Desta vez é o Partido Popular o que sae peor parado, mais o Gurtel e as súas infinitas pólas non son o único caso: en Catalunya Félix Millet leva semanas enchendo portadas, que agora ocupan tamén as recentes detencións de políticos de PSC e CiU acusados de adxudicacións ilegais en Santa Coloma. E en Galicia, por exemplo, o alcalde socialista de Castro de Rei foi acusado hai unhas semanas de prevaricación e tráfico de influencias.
por Marcos S. Pena
O crecemento urbanístico sen control e a especulación que se fixeron donos do Estado español na última década foron o escenario no que agromou unha cultura de enriquecemento rápido e de laxitude na aplicación das normas. Só agora comezamos a observar
Recuperamos aquí o primeiro de dous artigos publicados na revista TEMPOS NOVOS en novembro de 2009, a pouco de se destapar o caso Gürtel que colocou contra as cordas ao PP evidenciando as estreitas relacións entre poder e corrupción política. Saltaron daquela unhas alarmas que cada día soan con forza renovada. E xa daquela sabiamos que a corrupción viña de lonxe, dunha política moi devaluada e dos descubertos legais que daban vara ancha a partidos e concellos para financiarse en negro. A vindeira semana publicaremos o segundo do artigos, “A corrupción ten raíces fondas” de Marcos S. Pena.
por Fernando Jiménez
A corrupción e os escándalos políticos asociados á súa saída á luz pública parecen constituír dende hai xa algúns anos un elemento máis da vida política das nosas sociedades. A vaga de escándalos de corrupción aféctalles a moitos países case ininterrompidamente dende mediados da década dos oitenta e estivo basicamente relacionada cos problemas do financiamento dos partidos e con algúns dos procesos de reprivatización de empresas públicas.
Discutiuse moito sobre as causas desta vaga. En concreto, debateuse se este incremento no número de escándalos viña causado …
A necesidade de “rexenerar” a democracia española está de actualidade, e máis despois do susto que levaron todos coa irrupción de Podemos. E o PP, por non ser menos, en xullo acudiu lixeiro á opera querendo ser primeiro tenor cun plan supostamente contundente que contén dúas medidas “estrela”: que haxa máis “transparencia” (?) nas administracións e nos partidos e o seu vello mantra de que sexan alcaldes os cabezas das candidaturas máis votadas (aínda que esa candidatura non acade a maioría da corporación). Desta vez non dixo que esa mesma regra debería aplicarse en todas as instancias representativas, pero todos sabemos que iso é o que lle pide o corpo.
Estamos perante unha auténtica vontade de rexeneración, perante unha operación de imaxe máis ou simplemente é un intento á desesperada de cambiar as regras do xogo para mandar en máis concellos á custa dos demais? A oposición denuncia que este último é o verdadeiro motivo, e a vontade manifestada polo PP a finais de agosto de que fará a reforma aínda sen consenso para que se aplique nas vindeiras eleccións municipais parece darlles a razón. En todo caso, para analizar o asunto coa maior dose posible de argumentos racionais e a menor posible de bile e partidismo, debemos examinar antes os padecementos do doente e comprobar despois se a apócema receitada é acaída para curalos ou alivialos.
Somos, por activa e por pasiva, reféns da corrupción política. A política…
O fenómeno da corrupción ten moitas caras e diversas interpretacións. Se o analizamos desde unha perspectiva sociolóxica, veremos que se comporta do mesmo xeito que un organismo en descomposición. Apliquemos a metáfora aos recentes casos destapados na cidade de Lugo.
Read more
Xa podedes atopar nos vosos quioscos (e os suscriptores recibiredes en breve nas vosas casas) o número de novembro de Tempos Novos, que analisa a fondo o saqueo do sistema financieiro galego, no dossier “Expolio e traizón”. Contará con textos de Xavier Vence, Lara Graña, Ramón Yáñez, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ramón Fernández Braxe.