Tempos Dixital | Concello de Carballo

Arquivo sobre: Concello de Carballo

Alpabardas Verdes

TEMPOS NOVOS ofrécevos o artigo gañador do XIV Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores Concello de Carballo 2018, para publicar nos medios colaboradores o domingo 27 de maio. Trátase de «Alpabardas Verdes», de Carlos Lixó:

«Entrei na casa e bañoume un cheiro intenso a caldeirada, a voz de miña nai ouvíuse no fondo, atende ao que ten túa nai, unha cousa que nunca viches, tróuxenos para ti. Enriba da mesa uns toros de peixe cocido que para os meus ollos pouco espertos podería ser perfectamente xarda apañada antes do tempo. Abre un, abre. E fiquei parvo. Tiña por dentro unha espiña dunha cor tan bonita e tan intensa e tan difícil de definir… O máis próximo sería o espazo entre verde mar e azul turquesa. Apunta a palabra que despois esquénceme, son pataguillóns.»

Ler máis

INCHAZÓN

O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores decidiu concederlle o premio ao artigo titulado «Inchazón», de Iria Veiga Ramos, valorando «a súa sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público a través dun texto con estrutura circular que pon de relevo a relación entre lingua e poder social. A través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos. Desde o xurado considérase que o artigo pode incidir positivamente no prestixio social do idioma, nomeadamente na sanidade, mais tamén, en xeral, en todos os ámbitos e sectores de prestixio».
Reproducimos de seguido o artigo gañador.

Ler máis

Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O Concello de Carballo convoca o Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo que chega á súa edición número XIII para incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio do noso maior ben colectivo, a lingua galega. Nesta edición o único premio incrementa incrementa a súa dotación ata os 1.250 euros e inclúe a difusión do artigo gañador nos nove medios de comunicación que colaboran co certame, TEMPOS NOVOS entre eles.
O prazo de admisión de artigos inéditos está aberto até o 17 de abril de 2017 e as bases foron publicadas no BOP da Coruña do 7 de marzo.

Ler máis

NON POR MIN; POR ELES

Publicamos o artigo «Non por min; por eles», de Borxa González Tenreiro. Este artigo resultou gañador do XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2016, que foi entregado no Pazo da Cultura de Carballo.

Ler máis

Fai teu o galego!

Carlos Callón

Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas e que para falar o idioma de Galiza na propia terra hai unha serie de dificultades a maiores.

A pesar dos obstáculos, hai un método infalíbel que che permitirá ser capaz de falar un bo galego, con corrección, fluidez e comodidade. Velaquí a regra de ouro para o conseguires, mesmo moito antes do que imaxinas: “Fálao!” Read more

Ler máis

El veloz murciélago…

Alba Cid

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…

Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011